"O rexurdimento do Divino Sainete" estrearase este domingo en Celanova

Compartir

Ourense, 11 de setembro de 2024.

O Auditorio de Celanova albergará este domingo, 15 de setembro, á partir das oito da tarde, a estrea da obra teatral "O rexurdimento do Divino Sainete", adaptación da obra de Curros Enríquez "O Divino Sainete". A entrada será libre.

Na presentación desta obra participaron o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; a alcaldesa en funcións de Celanova, Teresa Barge; o responsable da Fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro; e Sandra Gade, representante de La Griot´te, a compañía teatral que a pon en escea.