O grupo popular formula dez iniciativas de goberno para o pleno de debate sobre o estado da provincia

Compartir
 

O documento recolle accións en materia de política social, turismo, identidade, cultura, dinamización económica, termalismo e cooperación, con especial atención a iniciativas relacionadas con actuacións no área de emerxencias, destacou o coordinador do grupo, Pablo Pérez, na presentación do decálogo.

“Estas propostas completan o Plan Ourense 15-19, un proxecto de acción de goberno baseado na planificación pero sempre aberto a novas incorporacións”, apuntou pola súa banda o portavoz dos populares, Plácido Álvarez.

 

O grupo provincial popular presentou esta mañá un decálogo de propostas de resolución que presentará ao pleno pleno extraordinario do debate sobre o estado da provincia, que a Deputación de Ourense celebrará o xoves, día 16. Un documento que recolle accións en materia de política social, turismo, identidade, cultura, dinamización económica, termalismo e cooperación, aínda que compre destacar a atención prestada a iniciativas relacionadas con actuacións no área de emerxencias.

Así o sinalou o coordinador do grupo popular, Pablo Pérez, durante a presentación do decálogo, acto no que estivo acompañado polo portavoz do grupo, Plácido Álvarez, e a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Monserrat Lama.

Pablo Pérez subliñou que o acontecido a mediados do mes de outubro coa vaga de lumes, así como as iniciativas que está a impulsar a Deputación de Ourense no uso das últimas tecnoloxías en situación de emerxencias ou o financiamento íntegro por parte da institución provincial dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais “precisaban de accións complementarias de cara á sensibilización da sociedade, de ahí que unha das nosas propostas teña como obxectivo transmitir á sociedade ourensá, con especial atención a escolares e maiores, a necesidade de incidir na prevención”.

O coordinador do grupo popular quixo destacar a aposta do Goberno provincial por seguir a traballar en ámbitos de especial relevancia para o futuro de Ourense, apuntando ademais “o noso compromiso coa colaboración con outras administracións para o aproveitamento de recursos, por iso incluímos neste decálogo a cooperación coa Xunta de Galicia para recuperar os antigos centros comarcais con vistas a proxectos de carácter público”.

“Estas propostas veñen a completar o Plan Ourense 15-19, un proxecto de acción de goberno baseado na planificación pero sempre aberto a novas incorporacións, en resposta ás necesidades desta provincia”, dixo pola súa banda o portavoz dos populares, Plácido Álvarez.

Pese a visión pesimista doutras formacións, “o grupo popular cre nesta provincia e non deixaremos de seguir a proponer novas ideas e proxectos que redunden en beneficio do noso territorio e das nosas xentes”, engadiu Álvarez.