Propostas de resolución do grupo popular para o pleno sobre o estado da provincia

Compartir

A Deputación de Ourense anuncia a creación dunha feira anual do viño en colaboración coas denominacións de orixe da provincia, e promove iniciativas para apoiar a xestión municipal, a igualdade e a conservación do patrimonio. Ademais, buscará potenciar o Viveiro de Empresas da Tecnópole, establecer un sistema de información sobre as augas mineromedicinais e estudar a creación dunha Zona Franca en Ourense para mellorar a competitividade empresarial.

1.- LIÑA DE ACTUACIÓN: SECTOR VITIVINÍCOLA
“Poñer en marcha, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, unha feira/exposición anual do viño da nosa provincia”.

2.-LIÑA DE ACTUACIÓN: COOPERACIÓN COS CONCELLOS
“Prestar asistencia específica ás entidades locais da nosa provincia na elaboración das relacións de postos de traballo e no inventario de bens municipais”.

3.-LIÑA DE ACTUACIÓN: CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS LOCAIS
“Avaliar mediante as enquisas correspondentes os servizos públicos prestados polos entes locais da provincia de Ourense, afondando na transparencia da xestión e na mellora permanente”.

4.-LIÑA DE ACTUACIÓN: ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRENDEMENTO
“Colaborar activamente coa Cámara de Comercio e Industria de Ourense para potenciar o papel do Viveiro de Empresas co que conta na Tecnópole e as Antenas Locais de Verín e do Barco de Valdeorras”.

5.-LIÑA DE ACTUACIÓN: TERMALISMO
“Establecer, tendo en conta as recomendacións dos colexios profesionais da saúde, un sistema integral de información terapéutica das principais augas mineromedicinais da provincia”.

6- LIÑA DE ACTUACIÓN: IGUALDADE
“Elaborar, tendo en conta os postulados e a filosofía do Código Ético e de Conduta, un Plan de Igualdade propio da Deputación de Ourense”.

7-LIÑA DE ACTUACIÓN: CULTURA E PATRIMONIO
“Constituír unha comisión provincial do patrimonio cultural que estudie e se pronuncie respecto da súa rehabilitación, conservación e difusión, propoñendo as medidas que estime oportunas ante as administracións públicas e entidades correspondentes”.

8- LIÑA DE ACTUACIÓN: MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
“Axudar e asesorar ás comunidades propietarias de montes veciñais en man común para a legalización da súa xestión no correspondente a estatutos, elección de xuntas reitoras e consulta das axudas públicas e posta en marcha de proxectos que xeren riqueza e emprego no rural”.

9- LIÑA DE ACTUACIÓN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
“Desenvolver durante o ano 2017, tendo en conta que o Día das Letras Galegas adicarase a Carlos Casares, referente literario provincial, actos e manifestacións en lembranza da súa figura e da súa obra, de común acordo coa Fundación Carlos Casares, estudando a posibilidade de instaurar un premio cultural que leve o seu nome”.

10-LIÑA DE ACTUACIÓN: SOLO EMPRESARIAL E DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
“Estudiar, con outras administracións públicas, a posibilidade de promover a constitución da Zona Franca de Ourense, tendo en conta o solo industrial-comercial que se concentra na área onde se atopan o Polígono de San Cibrao das Viñas, a Tecnópole, o Polígono de Barreiros, a Cidade do Transporte e os parques empresariais de Pereiro de Aguiar, de Paderne de Allariz e de Taboadela (8.650.000 metros cuadrados) gañando en capacidade autónoma e decisoria empresarial e en competitividade”.