Monserrat Lama denuncia o novo desprezo do voceiro socialista á Deputación ao mentir de novo por dúas veces no último pleno

Compartir

A deputada popular desmonta as falsedades do representante da oposición sinalando que Ribadavia si recibiu axudas do plan termal e que as preguntas dos grupos políticos, coas súas respostas, si están na web da institución.


Lama advirte que o grupo do Partido Popular non vai deixar de poñer en evidencia diante da opinión pública a estratexia mentireira e maila atrevida ignorancia o do voceiro socialista, “desmontando todas e cada unha das falsedades que se atreva a lanzar”.

O voceiro do grupo socialista na Deputación fixo onte un novo exercicio de política mentireira no pleno ordinario celebrado por esta institución, “amosando o seu máis absoluto desprezo pola corporación provincial”, afirma a deputada do grupo provincial popular Monserrat Lama.

Seguindo co seu guión, “no que a mentira consciente e maila atrevida ignorancia van de man”, di a deputada popular, o representante da oposición foi quen que afirmar que o concello do de que é alcalde, Ribadavia, non recibirá axuda algunha do plan termal e que non sabía si as preguntas formuladas polos grupos da oposición eran contestadas.

Monserrat Lama desmonta estas novas mentiras do voceiro socialista sinalando que Ribadavia si recibiu axudas do plan termal, “en concreto as que pediu á institución, que lle concedeu 33.879 euros en decembro de 2014 para o acondicionamento dos accesos á zona termal de Prexigueiro, área da que presumiu no pleno”.

A deputada popular engade que “mister casta” non se conformou con mentir descaradamente neste punto, “senón que logo atreveuse a dicir que descoñecía se as preguntas formuladas pola oposición eran contestadas”. Para Lama, tal afirmación só amosa “a súa ignorancia, a falta de interese polo traballo na Deputación e o descoñecemento dunha ferramenta que está en continúa mellora para dar a máis completa información como é a web da Deputación”.

Así, engadiu, desde o 1 de marzo deste ano e cumprindo cun dos compromisos adquiridos no plan Ourense 15-19, “todas as preguntas presentadas e as correspondentes respostas figuran no apartado Grupos Políticos da web da institución”. Unha iniciativa, sinalou a representante popular, que convirte a esta Deputación pioneira en España, situando a Ourense á vangarda dos gobernos provinciais en transparencia”.

Monserrat Lama advirte que o grupo do Partido Popular na Deputación non vai deixar de denunciar públicamente a estratexia mentireira do voceiro socialista, “desmontando diante da opinión pública todas e cada unha das falsedades que se atreva a lanzar”.