O grupo popular na Deputación afirma que o BNG “non deixa de dar mostras de ter secuestrado o sentido común”

Compartir

O coordinador do grupo, Pablo Pérez, asegura o único deputado nacionalista só pretende ser noticia polo continuo descenso do apoio dos cidadans á súa formación

O grupo nacionalista na Deputación provincial “non deixa de dar mostras de ter verdadeiramente secuestrado o sentido común manifestou hoxe o coordinador do grupo provincial do Partido Popular, Pablo Pérez, rexeitando deste modo as acusacións feitas desde o BNG sobre a asistencia de público aos plenos.
Para o coordinador popular, a permanente actitude do único representante nacionalista na Deputación, xerando crispación e enfrontamento, só se pode explicar “pola necesidade de ser noticia para un grupo, O BNG, que non deixou de perder votos e apoio dos cidadáns nos últimos procesos electorais”.
Pablo Pérez lembra que calquera cidadán da provincia pode asistir aos plenos da Deputación “e para iso temos unha excelente ferramenta que é a web da institución, onde todo o mundo pode inscribirse sen necesidade de se trasladar”. 
Engadiu neste sentido que “unha vez máis a oposición mostra o seu descoñecemento dos servicios que pon a disposición dos ourensáns a Deputación e que hoxe están ao alcance de todos os cidadáns, descoñecemento que non deixa de ser l