A Deputación aprobará no pleno de abril o seu Código Ético, o primeiro dun goberno provincial

Compartir

A Deputación de Ourense presenta un Código Ético para regular as normas de conducta dos cargos electos e do persoal, buscando reforzar a calidade democrática e a rexeneración institucional.

O código que pretende aprobar a Deputación no pleno de abril ten como obxectivo regular as normas éticas de referencia para os cargos electos e o persoal ao servizo da administración provincial, e procurar un comportamento profesional, ético e responsable, contribuíndo deste xeito a reforzar a aposta pola calidade democrática e a rexeneración do sistema institucional, establecendo mecanismos para incentivar o seu cumprimento. O Código Ético da Deputación de Ourense circunscríbese só ao ámbito institucional, fronte a outros códigos éticos de ámbito político que abranguen aspectos referidos ás formacións políticas e os seus dirixentes.