A deputación a instancia do PP adoptou o seguinte acordo:

Compartir

Acordo do Pleno de 30-12-2011 sobre a grave situación do sector lácteo

Instar á Xunta de Galicia a:

Impulsar a vertebración do sector lácteo en Galicia de cara a dotar de maior estabilidade as relacións entre os diferentes chanzos que interveñen na cadea, para potenciar as solucións estruturais de relación entre produtores e cooperativas coa industria, e mellorar as relacións interprofesionais entre as industrias e a distribución para contribuír á estabilidade do sector lácteo, do mercado e do prezo do leite e dos seus derivados.

Promover e incentivar a extensión da sinatura dos contratos homologados entre produtores e industria.

Impulsar os avances que se produciron a través da mediación da administración para concretar a existencia de contratos homologados para o ámbito do cooperativismo.

Priorizar nas ordes de axuda e nas políticas para as industrias a aquelas que subscriban os contratos homologados cos produtores e garantan a rastrexabilidade do leite.

Seguir desenvolvendo o plan de inspección de calidade do lácteo de cara a analizar os contidos dos produtos nos lineais e nas industrias e detectar prácticas ilegais ou abusivas.

Comunicar de forma oficial á Comisión Nacional da Competencia a situación existente de cara a solicitar deste órgano a análise da situación de cara a dilucidar se existen e se poden sancionar estas prácticas.