Centro ABANCA Innova Ourense. Provincia Intelixente.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar asinará dous convenios de colaboración coas entidades ABANCA e Afundación, para a posta en marcha do Centro ABANCA Innova Ourense. Provincia Intelixente, no marco do proxecto "Provincia Intelixente" recollido no Plan de Mandato "Ourense 15-19". No acto tamén participarán o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet; o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas; e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet. A sinatura de ambos convenios terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.