XXIX Festival de Teatro Galego.-

Compartir
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA). O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; da directora do FETEGA, Josi Lage; e de actores e actrices que estarán presentes nesta edición do festival.