O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, presentará dúas iniciativas que organiza a Deputación de Ourense sobre a Reserva Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) dentro do Proxecto Gerês-Xurés Dinámico (Programa INTERREG V A España-Portugal). No acto, que terá lugar na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", tamén participarán o representante de Sustinea, Paulo Vázquez e a directora técnica e a xerente da empresa Etnoga, Olga Conde e Carmela Sánchez, respectivamente.