Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da XVIII Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; o alcalde e o concelleiro de Cultura e Festexos de Xinzo de Limia, Manuel Cabas e Carlos Gómez, respectivamente; e dos representantes da Asociación Civitas Limicorum, Iván Prado e Carlos Enríquez.