- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da III concentración de coches clásicos en Xunqueira de Ambía. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde e do concelleiro de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Rubén Seara, respectivamente; e da organizadora do evento, Beatriz Crespo.