Presentación do 5º RallyMix da Gudiña.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 5º RallyMix da Gudiña. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Gudiña, José María Lago; do director técnico de HC Competición, Antonio Pérez; do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; do piloto local, Felipe Fernández; do presidente da Escudaría HC Competición, Gerardo Armesto; e do xefe da Agrupación de Protección Civil da Gudiña, Jorge Pereira.