- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a inauguración da exposición "Sobremesa", da artista Mar Ramón Soriano. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e da autora da mostra.