Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 34ª edición do "Día da Bici", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; o director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande; o representante do Grupo "La Región", Carlos Barbosa; e o presidente da fundación Ado Moure, Carlos Moure.