Presentación da "Gladiator Race Vía Nova", en Muíños.

Compartir
- No complexo turístico e deportivo do Corgo, en Muíños, terá lugar a presentación da proba de deporte e aventura "Gladiator Race Vía Nova". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez; do director de Qualite Sport, Serafín Martínez; do director xerente de Caldaria, Javier Soto; e do xerente de Mitsubichi – TAR, Juan López.