Presentación da VI Marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI Marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias; e o presidente da asociación ourensá As Burgas, Antonio Rincón.