O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación do Sistema de Feiras comerciais Virtuais, incluído no programa ExportOU de apoio á internacionalización das empresas ourensás, que terá lugar mañá na sede da CEO (Praza das Damas,1). No acto tamén participará o vicepresidente da CEO, Alejandro Cruz, e o profesor Jesús Albizu Soriano.