O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na inauguración do seminario "Café de Europa" no que se abordará o rol das vilas e cidades termais como axentes de sostibilidade ambiental. Este acto, que terá lugar no Teatro Principal de Ourense, enmárcase nas actividades previas á asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA).