- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da actividade etnográfica organizada polo Concello de Oímbra "Recreación do prensado en lagares rupestres". No acto participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino; e a técnica de Sustinea, Susana Rodríguez.