O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto conmemorativo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide, que terá lugar no cemiterio de san Francisco. As actividades continuarán pola tarde, ás 20.00 horas, cunha conferencia sobre a vida e a obra do mestre Vide, a cargo de Javier Jurado, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".