O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará coa vicepresidenta da Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA), Virginia Yagüe, e co director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, unha carta de paridade e inclusión de mulleres no cine. O acto terá lugar no hall do centro cultural "Marcos Valcárcel".