II Informe Red Localis e o Observatorio Municipal Galego.-

Compartir
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación dos resultados do II Informe Red Localis e o Observatorio Galego. No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a co-directora da Red Localis e do II informe, Concepción Campos; o co-director da Red Localis, Alberto Vaquero; a profesora da Universidade de Santiago, María Cadaval, e o director do grupo de investigación GEN, Santiago Lago.