O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación das actividades conmemorativas do centenario da Coral de Ruada, que se desenvolverán ao longo de 2019, acto no que tamén se presentará o estandante do centenario. No acto, que terá lugar na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel", participarán tamén o presidente e o vicepresidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e Emilio Rodríguez.