Ciclocross en Ourense.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das dúas probas de ciclocross que se disputarán este fin de semana na provincia de Ourense, no marco da Copa de Galicia de Ciclocross. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; dos alcaldes de Maceda e Baños de Molgas, Rubén Quintas e Xaime Iglesias; e do director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.