Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da V edición da "Mascarada Ibérica", acto no que participará o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; a secretaria da asociación "Xuntos polo folión" de Vilariño de Conso, María José Domínguez; e o presidente de "Folións Rurais" de Viana, Jorge Domínguez.