Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Cros de Antioquía, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil; o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso; o delegado provincial da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; o xerente do Hipódromo de Antela, Jorge Vázquez; e o director deportivo da Asociación Deportiva Limiactiva, Óscar Gómez.