A Deputación de Ourense celebrará o Día Internacional da Muller cunha charla-coloquio sobre "A eliminación de estereotipos de xénero no ámbito laboral", moderada pola deputada provincial de Igualdade, Teresa Cerdeira. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".