Acto de entrega do XV Premio "Pura e Dora Vázquez".

Compartir
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o acto de entrega do XV Premio "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil, que se celebrará no colexio Maristas da cidade de Ourense. A gañadora desta edición na modalidade de narración foi a escritora Ánxela Gracián, coa obra As historias da ogra Pinta, mentres que na modalidade de ilustración a galardonada foi María Villarino.