O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, visita no Pazo dos Deportes "Paco Paz" as obras levadas a cabo neste espazo da Deputación de Ourense para a adaptación de baños para persoas ostomizadas. Na visita, estará acompañado polo presidente e a coordinadora de proxectos de ACCU Ourense, Fernando Jiménez e Chri Álvarez.