A deputada provincial Teresa Barge asiste ao acto de entrega da Veliana de Honra 2024 á Fundación Penzol

Compartir

Cartelle, 21 de setembro de 2024.

A deputada provincial Teresa Barge, asistiu no auditorio de Outomuro, no Concello de Cartelle, ao acto de entrega da Veliana de Honra 2024 á Fundación Penzol. Este galardón, que concede a Fundación Carlos Velo, pretende recoñecer a aquelas persoas e entidades que comparten a querenza e o respecto por Velo, así como a aqueles que formaron parte da súa propia memoria profesional.