O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle un encontro de OurenseenCírculo
Ourense, 24 de setembro de 2024.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense vén de acoller o encontro empresarial "Construyendo futuro. Mobilidad e infraestructura", organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, dentro da iniciativa "OurensenCírculo". Á inauguración deste encontro asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández.