A Deputación recibe aos novos funcionarios e persoal laboral da Oferta Pública de Emprego 2021
Ourense, 3 de outubro de 2024.
A vicepresidenta primeira e responsable de Recursos Humanos na Deputación, Marta Nóvoa, recibiu aos novos funcionarios e persoal laboral da institución provincial correspondentes á Oferta Pública de Emprego 2021.
Os novos traballadores da Deputación Provincial reforzarán áreas como as de Emerxencias, Intervención, Fondos Europeos, Infraestruturas e Medio Ambiente.