A Deputación colabora coa III Festa da Vendima de Monterrei
Monterrei, 5 de outubro de 2024.
O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe na III edición da Festa da Vendima de Monterrei destinada a enxalzar a importancia do sector vitivinícola na economía, cultura e patrimonio da comarca de Monterrei.
Esta celebración volveu a encher o Castelo de Monterrei dun amplo e variado programa de actividades que inclúe o tradicional folión de carros, a feira agroalimentaria que da visibilidade aos produtos do territorio, a actuación do grupo A Roda, así como actividades infantís e degustacións de porco asado e viños da Denominación de Orixe de Monterrei.