O presidente da Deputación de Ourense asiste á clausura da VI edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico
O Grove, 5 de outubro de 2024.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Grove á clausura da VI edición do Foro La Toja – Vínculo Atlántico centrado na competitividade europea. Este Foro naceu como un espazo para a reflexión e defensa dos valores que definen as nosas sociedades democráticas.