O vicepresidente segundo da Deputación participa na Gala de Curtas do OUFF 2024
Ourense, 5 de outubro de 2024.
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participou esta tarde no Teatro Principal, na Gala de Curtas do OUFF 29, onde se fixo entrega dos premios e recoñecementos ás creadoras máis novas da programación.
A Sección Oficial de Curtametraxes permitiu ao público desfrutar das obras máis recentes da xuventude cineasta galega. A iniciativa Fas Muvis tivo un ano máis unha gran acollida por parte dos participantes, que percorreron a cidade coas súas cámaras, buscando rodar as mellores historias. Finalmente a sección máis xoguetona, Games Awards, demostrou o gran talento que existe no mundo do deseño de videoxogos, onde a autoría galega está cada vez máis en auxe.
Cun Latin Grammy, un Hollywood Music in Media Award e unha medalla de prata nos Global Music Awards, Daniel Minimalia volveu a actuar en Ourense da man do OUFF. O multinstrumentalista galego foi o encargado de poñer a nota musical na Gala de Clausura de Curtas / Muvis / Games.