Rosendo Fernández asiste á presentación de actividades de Amencer para o curso 2024-2025

Compartir

Ourense, 10 de outubro de 2024.

A Aula Magna do Colexio Salesianos de Ourense acolleu esta mañá a presentación de actividades que a Asociación Xuvenil Amencer ten previstas para este curso 2024-2025. A este acto acudiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen enxalzou o importantísimo labor que desempeña Amencer no eido da dinamización e ocio dos máis novos e agradeceu á organización o seu esforzo constante por manter a calidade das súas actividades.