Patricia Torres asiste á mesa informativa da Asociación Contra o Cancro

Compartir

Ourense, 17 de outubro de 2024.

A deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, asistiu honxe na rúa do Paseo de Ourense á mesa informativa que instalou a Asociación Española contra o Cancro en Ourense. Torres destacou o importantísimo labor que realizan os membros e voluntarios da AECC a prol do acompañamento, asesoramento e demáis actividades que realizan nesta asociación ao longo de todo o ano, así como recalcou a importancia do apoio á investigación.