A Deputación asiste á inauguración da exposición de homenaxe ao Carrabouxo
Ourense, 17 de outubro de 2024.
O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asistiu esta tarde no Centro Comercial Ponte Vella á inauguración da exposición de homenaxe ao coñecido personaxe ourensán O Carrabouxo e ao seu creador, Xosé Lois González, coincidindo co 40º aniversario da súa presenza no mundo da cultura ourensá.
A exposición enmárcase dentro das actividades que está a organizar o Centro Comercial Ponte Vella para conmemorar o seu 23º aniversario.