O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibe no Pazo Provincial ao senador arxentino Sergio Raúl Vargas

Compartir

Ourense, 18 de outubro de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao senador arxentino pola provincia de Buenos Aires, Sergio Raúl Vargas. O político bonaerense de La Libertad Avanza está estes días de viaxe de traballo por España e hoxe mesmo protagonizará o Foro La Región.