A Deputación, na inauguración da exposición agrogandeira "Crianza Trevinca" na Veiga

Compartir

A Veiga, 19 de outubro de 2024.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou esta mañá na Veiga, na inauguración da IV edición da exposición agrogandeira "Crianza Trevinca", evento co que colabora a Deputación de Ourense a través do Inorde.

Esta feira, que recupera o espírito máis tradicional de A Veiga e de toda a comarca de Trives, celébrase hoxe e mañá, 20 de outubro, cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos.