A Deputación de Ourense apoia á Asociación Diabética Auria na súa “magnífica labor de divulgación” no Día Mundial da Diabetes

Compartir

Xoves, 14 de novembro de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración da carpa que cada ano instala a Asociación Diabética Auria, na rúa do Paseo, con motivo do Día Mundial da Diabetes.

O goberno provincial, colaborador habitual das actividades de Auria, coñeceu a través do deputado de Representación Institucional as novidades que a asociación presentou nesta edición do Día Mundial da Diabetes, baixo o lema "Diabetes e Benestar: para unha mellor vida con diabetes, mira máis aló da glucemia". Rosendo Fernández felicitou a Auria pola súa "magnífica labor de divulgación" da diabetes entre a poboación ourensá.

Como vén sendo habitual, os usuarios que se achegaron á mesa informativa da rúa do Paseo, puideron realizar medicións gratuítas da man de profesionais e coñecer os consellos profesionais sobre a enfermidade.