Luis Menor destaca no Foro La Región a "mellora da competividade" que supón a FP para as empresas galegas
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no Foro La Región "Ourense, porta da innovación da FP galega", celebrado no Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros. Menor puxo en valor a cooperación entre administracións, unha ferramenta clave para a institución provincial e que se traduce en proxectos como o polo innovador cofinanciado coa Xunta de Galicia.
"Esta aposta tradúcese hoxe en innovación e referencia para Galicia, non só para os institutos de FP, senón para o alumnado e o tecido empresarial", sinalou Menor.
Por outra banda, puxo en valor as sinerxias en I+D+i lideradas dende o Centro de Innovación, que "marcarán un antes e un despois que nos beneficia a todos os que cremos no noso territorio".
O presidente provincial destacou a mellora da competividade para as empresas galegas e a alta especialización do profesorado entre os logros que se consiguen dende o Centro de Innovación Eduardo Barreiros.
Por último, animou ás empresas a "seguir confiando" no talento que sae da FP, xa que "o precisan máis que nunca".