- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato Galego "Xogade" de Piragüismo, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o coordinador do programa XOGADE en Ourense, Manuel Pérez; e o presidente de piragüismo Fluvial Allariz, José Manuel Fernández.