A Deputación, con "Un viaje navideño", en Correos
Ourense, 4 de decembro de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na sala da Deputación do Edificio de Correos, na inauguración da exposición filatélica "Un viaje navideño", organizada pola Sociedade Filatélica Miño, que combina a tradición do coleccionismo co espíritu navideño.
A mostra presenta unha coidada selección de selos e material filatélico de todo o mundo, con temáticas que evocan o Nadal, as paisaxes invernais e as tradicións festivas.