Luis Menor asiste ao concerto benéfico a favor de ADO

Compartir

Ourense, 5 de decembro de 2024.

O Teatro Principal albergou hoxe un concerto benéfico de Etiqueta Negra a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO). A este evento solidario asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen valorou a calidade do espectáculo e o seu fondo compoñente solidario.