O presidente da Deputación, Luis Menor, participou no acto de conmemoración da Constitución española

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acudiu no Auditorio Municipal de Ourense, ao acto institucional conmemorativo do 46 aniversario da Constitución Española.

Menor puido comprobar co resto de autoridades o talento dos rapaces que mellor representaron o lema deste ano, o dereito a unha vivenda digna. E entregarlle un premio a un dos nenos galardoados no clásico concurso da constitución, que xa leva 40 edicións.