A Deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, visita a fundación Juan Soñador

Compartir

A Deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, xunto coa directora adxunta da área de Benestar Social, Montse Rodriguez visitaron as instalacións da Fundación Juan Soñador na cidade de Ourense.

Esta entidade que atende a personas en risco de exclusión social, especialmente migrantes a través do programa Teranga que en 2023 atendeu a máis de 700 persoas, sendo o 62% mulleres. Este proxecto está cofinanciado pola Deputación de Ourense dende o seu comezo a través das liñas de subvencións da institución.