O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, felicita aos valdeorreses por acadar a edición número 23 da Festa do Botelo

Compartir

Ourense, 18 de xaneiro de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou no Teatro Lauro Olmo de O Barco na tradicional Festa do Botelo, embutido valdeorrés por excelencia que traspasa fronteiras. É a edición número 23 desta festa declarada de interese en Galicia e que exalta un dos produtos típicos da gastronomía galega, o botelo.

O presidente provincial recalcou que desde a Deputación "apoiamos a celebración de festas de interese coma esta, que contribúen a ser motor económico para sectores de relevancia como, neste caso, o é a hostelería", algo que foi constatado por milleiros de veciños e visitantes que se achegaron ao xantar popular no polideportivo dos Calabagueiros e no que participou tamén Menor.

.