A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, visita Afaor
A deputada de Políticas Socias, Patricia Torres, o director da Área de Benestar,, Juan José Cerdeira, visitaron as instalacións da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer de Ourense (Afaor), espazo recentemente ampliado e adaptado grazas á colaboración da institución provincial.
Durante a visita, ademais de coñecer as novas instalacións, compartiron tempo cos usuarios do centro de día e dos talleres de memoria, de formación e psico-estimulación, acompañados pola presidenta da entidade, María Dolores Neira, e o coordinador, Miguel Lázaro.